O vindeiro 12 de xuño celébrase en Lousame o encontro de sabores e saberes no mosteiro de San Xusto de Toxosoutos con diversidade de actividades: roteiro, alimentos, artesanía, música, charlas, demostración ao vivo, senderismo.
Animarvos a participar!
jueves, 2 de junio de 2016
miércoles, 1 de junio de 2016
Boas novas desde “Vivimos no rural”
Como son máis ben escasas as ocasións, velaí vos vai: se queredes boas novas, boas “vibracións”, saber de iniciativas xeitosas, comer rico e partillado, botar unhas cantigas e coñecer unha Galicia cos pés e as mans na terra… aí están os encontros como o que acaba de organizar o grupo de “Vivimos no rural”, en Vilardevós, na raia seca. Cousa bonita.
É un encontro anual para que xentes de diferentes territorios rurais galegos se dean unha grande aperta, se pregunten como vai todo e se conten as cousas lindas que se están levando adiante nas aldeas e viliñas de Galicia. Todo para escorrentar tanta negra sombra que os tecnócratas e modernos botan enriba do futuro da vida e cultura rural de Galicia.
Da man de Pepe Paz e Tamara Balboa, do Centro de Desenvolvemento rural “Portas Abertas” xuntámonos, logo, no Centro de Interpretación do Contrabando, mira ti, como para interpretar o contrabando desigual que a sociedade dominante fai coas comunidades rurais, detraendo os seus mellores recursos e pagando con exclusión, peche de servizos e unha imaxe de atraso e abandono.
Falouse e debateuse a maneira de empregar a internet para facer máis visible o rural invisible, creativo e potente que está aí marcando camiño. Xa funciona un facebook máis que chulo: https://www.facebook.com/vivimosnorural/; e tamén un blog:http://vivimosnorural.blogspot.com.es/ .
No encontro estivo contando a súa experiencia Xosé Luis Vaz, xerente de Biocoop, unha cooperativa dedicada á produción e venda de carne vacún de razas autóctonas (vienesa, cachena, limiá,…) que previamente foi “rescatando” do esquecemento e a extinción, razas que viven no sur de Galicia pascendo libremente dende tempos inmemoriais e que en palabras do Xosé Luís: “son auténticas brigadas de prevención de incendios forestais”.
E na visita á Ánades Galicia, especializada en foi-gras, confit e xamón de pato (que catamos moi, moi a gusto) comprobouse como con creatividade, respecto e rigor, pódese poñer no mercado un produto natural e de alto valor. Para abrírmonos os ollos e o apetito.
Pois iso, que este país necesita boas novas e optimismo. Porque xa está ben de complexos e negras sombras.
Daniel López Muñoz
Entrevista a Darío Xohán Cabana
“Manuel María é un dos grandes poetas galegos de todos os tempos”
by irimegos
Darío Xohán Cabana, un dos grandes da nosa literatura, recibiunos na súa casa dunhaaldea de Romeán, non lonxe da capital luguesa. Achéganos nesta entrevista ao seu amigo, padriño e guieiro literario e político. E tamén chairego coma el. Cóntanse cos dedos dunha man a xente que goce do talento, do coñecemento, das lecturas e da capacidade creativa de Darío Xohán Cabana. Así que tamén poucos autores poderían falar con máis propiedade de Manuel María.
Como coñeciches a Manuel María?
Eu escribíralle unha carta dicíndolle máis ou menos “querido mestre, quería coñecelo, eu tamén fago versos, aínda que son malos…”. El respondeu que estaría encantado, pero que non lle chamara mestre, que o atuase… E aí por xaneiro de 1968 comezou unha amizade que era máis ben de irmán maior a irmán novo, ese que che bota as broncas cando che fan falta.
Como un rapazolo, tras unha década de silencio editorial na posguerra, comezou publicando unha obra coma Muiñeiro de brétemas?
Antes da fundación da editorial Galaxia, en 1950, apareceran unha serie de pequenas empresas editoriais da man dos Álvarez Blázquez ou Celso Emilio Ferreiro que, sendo moi pequenas, tiñan moita importancia nese pequeño rexurdir desde o ano 1946-47. El publicaría grazas ás súas inquedanzas, ás súas amizades e ao seu amor infinito polo pobo real e concreto, que foi algo que o acompañou toda a súa vida. Influirían nel o intelectual republicano Ánxel Xohán, Ánxel Fole e, fundamentalmente, a súa propia evolución persoal que o fai tomar partido pola lingua e contra a ditadura franquista. E tamén, claro, porque foi un poeta precoz e un poeta xenial, a forza máis grande que xurdiu na literatura galega naqueles anos.
Terra Chá
Que é a Terra Cha para Manuel María?
El foi o inventor da Terra Chá. Naturalmente, a Terra Chá existía desde había milenios, pero a conciencia que hoxe temos da Terra Chá é obra de Manuel María. El interpretouna: fíxoa unha patria poética, unha patria imaxinaria. Inventouna no sentido poético máis amplo, na nosa relación coa terra.
Cando el compuxo Terra Chá ou Novoneyra Os eidos, eran conscientes de que estaban poetizando un mundo que pronto ía entrar en transo de desaparición?
Non porque, aínda que podía albiscarse que aquel modelo podía estar empezando a abalar, non se intuía que podía quebrar, tal como pasou a partir dos anos 60 e 70 ao entrar nunha transformación velocísima e nun proceso de destrución ou autodestrución. Eu mesmo, de rapaz non me daba conta de que aquilo estaba acontecendo: os signos estaban aí, pero eu non sabía interpretalos.
Como é a poesía de Manuel María?
É enormemente extensa e multiforme, vai cambiando aínda sendo esencialmente a mesma. Por exemplo, a finais dos 70 suscitouse en Galicia a conciencia de vangarda. El estaba na vangarda desde sempre, desde Muiñeiro de brétemas ou polo menos desdeMorrendo a cada intre e xa non digamos desde Advento, que é un libro portentoso, un dos grandes libros da literatura galega de todos os tempos.
Nunha produción tan extensa haberá núcleos temáticos moi diversos.
Hai unha liña paisaxista, entendéndoa como a paisaxe humanizada, a relación da persoa coa natureza, cos animais. Foi un poeta ecoloxista cando aínda non se falaba diso. Hai unha liña de poesía cantareira, graciosa, que utilizou non só nos seus libros para público infantil. Despois está esa poesía angustiada de Morrendo a cada intre ou Advento, unha poesía existencial, poderosa, extremadamente conmovedora. Está a poesía cívica, pero con moitas formas tamén, desde a sátira de Versos pra cantar en feiras e romaxes ata o discurso patriótico de Informe para axudar a alcender unha cerilla. Logo hai unha liña lírica diferente que parte de Francis Jammes e outra que ten que ver co Neruda das odas elementais. Quedo abraiado da amplitude temática e da riqueza formal da súa obra, desde a poesía de corte popular da cuadra ou a copla ou o romanciño ata o verso de longo curso de Advento cun certo fundamento biblíco e ao mesmo tempo un pé nas vangardas europeas.
Manuel María editor
Que importancia tivo Xistral e Val de lemos?
A editorial de Manuel María, Xistral, era unha referencia. Naqueles anos de dificultade, a colección Val de Lemos foi moi importante para que algúns seguisen publicando e para que outros empezásemos a publicar. Daquela o mundo editorial estaba relativamente pechado e Galaxia era dun grupo. Un tipo coma min con dezasete anos e que andaba dicindo que era comunista, en Galaxia non tería nada que facer. Tamén é certo que nin era eu poeta excepcional nin o intentei, porque non me fixo falta. Pero aínda que o intentase había ser igual. Por iso, Val de Lemos foi a vía para que xente coma min, ou coma Margarita Ledo, Fiz Vergara Vilariño e outros publicásemos. Ou para que Neira Vilas ou Celso Emilio Ferreiro, que daquela non estaba moi ben visto nos ámbitos máis oficiais da cultura non oficial, puidesen sacar as súas obras. Hoxe pode parecer unha colección pequeniña pero naquel tempo a aparición dun libro era un feito moi importante.
E, realmente, Ramón Piñeiro non quixera publicarlle Terra Chá, tal como o propio Manuel María di con moita retranca nun prólogo.
É que Piñeiro tiña o seu partido e el era o xefe, e como Manuel María non estaba nesa disciplina nin lle tiraba pola levita, pois non llo publicou. Porque arredor de Piñeiro estaban os convencidos e tamén os que lle tiraban pola levita, porque era un señor con moito poder dentro da pequena seita dos desposuídos do poder, é dicir, dos antifranquistas, porque Piñeiro era antifranquista, evidentemente. Publicáronlle un libro que foi Mar maior case que porque non había máis remedio. Nunca foi a editorial de Manuel María. Publicáronlle a outros todo o que querían, pero a Manuel María non. De feito, os primeiros libros de Manuel, coma Muiñeiro de brétemas ou Morrendo a cada intre sairían do seu peto ou do da súa familia.
El era un poeta os 365 días do ano.
Si, pero sempre quixo inscribir a súa condición de poeta dentro da súa condición de home político dentro do máis nobre dos sentidos da palabra que é o de militante de base. Foi un militante nacionalista sempre e tamén un militante da lingua e da cultura, porque el non entendía a lingua e a cultura tan separadas da política como algúns pretenden presentar.
A obra teatral
Aínda que cultivou todos os xéneros, despois da poesía o teatro era o que máis lle gustaba.
El tiña a conciencia de que se necesitaba un teatro popular galego e traballou militantetemente para crealo. O teatro sempre foi unha reivindicación do nacionalismo cultural, un desexo desde as Irmandades da Fala de crear un teatro nacional. Vén sendo un enfermo crónico, entre outras cousas por unha política oficial que non é a máis adecuada. Hai excelentes compañías, pero o teatro galego nunca chegou ás expectativas soñadas polas Irmandades.
Unhas das pezas máis destacadas é o Barriga Verde, que el vira no san Froilán de rapaz.
Barriga verde era un teatriño de feira, un espectáculo pobre. Manuel María converteu Barriga Verde nun mito popular que sería un símbolo dunha certa resistencia lingüística e por outra parte fixo unha fábula extremadamente divertida. O teatro para el sempre foi unha obsesión. Barriga Verde é unha obra mestra, absolutamente redonda, que pode ser posta en escena de moitas maneiras. E ten outra obra mestra que é As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. Á veces acértase moitísimo e outras acértase absolutamente. Con esas dúas obras Manuel María acertou absolutamente.
Que che gustaría que quedase despois deste Día das Letras dedicado a Manuel María?
O que vai quedar é a afirmación clara, simple e terminante de que Manuel María é un dos grandes poetas galegos de todos os tempos. E tamén vai quedar perfectamente claro que é o escritor galego máis popular de sempre. E vaise ver no propio desenvolvemento do Día das Letras Galegas e na riqueza da celebración. A parte académica vai ser menor en comparanza coa cantidade de celebracións que se van facer en colexios, nos lugares a onde foi dar un pregón ou nas asociacións culturais de nome a penas coñecido a onde foi dar unha conferencia. Vaise ver que foi o escritor galego máis influínte desde hai moito. A popularidade do Manuel é comparable á de Curros, á de Rosalía, mesmo superior á de Celso Emilio Ferreiro.
Aldegunde Quiñones
Fonte: https://irimegos.wordpress.com/2016/05/21/entrevista-a-dario-xohan-cabana-manuel-maria-e-un-dos-grandes-poetas-galegos-de-todos-os-tempos/
viernes, 22 de abril de 2016
España se queda sola en el cultivo de transgénicos en Europa
España se queda sola en el cultivo de transgénicos en Europa. Con las prohibiciones de Polonia y la reciente de Francia de plantar maíz modificado genéticamente, España se presenta casi como el único Estado de la Unión con suelo dedicado a este cultivo. ¿Compañeros de viaje? Se trata de un campo dominado por Estados Unidos (40%), Brasil (23%) y Argentina (14%) que dedican grandes espacios de sus enormes planicies a la soja transgénica.
El Ministerio de Agricultura francés se explicó así en marzo: "Según datos científicos fiables y muy recientes investigaciones internacionales, el cultivo de semillas de maíz MON 810 presentaría graves riesgos para el medio ambiente, así como peligro de propagación de organismos dañinos convertidos en resistentes".
Sin embargo, si España representa el único aliado de los transgénicos en Europa, su verdadero éxito y aplicación en el día a día de los agricultores es otra cuestión. La directiva europea que regula el cultivo de organismos modificados genéticamente (OMG) de 2001 establecía la obligatoriedad de mantener un registro sobre estas actividades para seguir su posible impacto. Este registro se ha limitado a contabilizar hectáreas. Según los datos del Ministerio de Agricultura, en España se dedican unas 136.000 hectáreas al cultivo del maíz MON 810 (propiedad de la empresa estadounidense Monsanto).
Pero, como explica Blanca Ruibal, responsable de alimentación de la ONG Amigos de la Tierra, "el Ministerio hace los cálculos de manera indirecta". Un documento del propio Gobierno cuenta que su método de cálculo se realiza mediante la consulta con la industria de cuántos sacos de semillas transgénicas se han vendido en cada provincia. Esos datos "de venta de semilla" se usan de base para una fórmula: "85.000 semillas por hectárea". Como cada unidad de venta es de 50.000 semillas, pues por cada "1,7 unidades vendidas" se cree que hay una hectárea cultivada. De hecho, el documento se titula "Estimación de la superficie total".
Sin embargo, existe una manera de contrastar este cálculo: las subvenciones europeas, que piden "casi el 100% de los productores de maíz", analiza Ruibal. Los agricultores, al rellenar sus solicitudes para estas ayudas, deben consignar qué tipo de cultivo hacen y si es o no transgénico. Las cifras de las comunidades autónomas –encargadas de la gestión de estas solicitudes– reflejan que, por ejemplo, en Andalucía "sean un 80% menos de lo que sale por el cálculo de semillas vendidas del Ministerio". Así, el total en España podría estar en torno a las 70.0000 hectáreas.
Greenpeace ha denunciado a España ante la Comisión Europea por esta manerasui géneris de llevar el registro obligatorio. "Se quiere dar la impresión de que el sector transgénico está en alza cuando parece que no es así", analiza la experta de Amigos de la Tierra.
Con todo, España es el líder continental. En Portugal apenas llegan a las 1.000 hectáreas, y los otros dos estados que lo usan, Eslovaquia y la República Checa, están a la baja. Esa es la dimensión de la implantación transgénica y su tirón en el sector europeo y español, aunque algunas asociaciones como ProBio defienden "el derecho a elegir y competir en condiciones de igualdad", al tiempo que aseguran que vienen "utilizando los cultivos modificados genéticamente desde hace más de 11 años obteniendo beneficios tanto económicos como medioambientales".
La Fundación Antama –que defiende la modificación genética– contrapone a los críticos con el uso de transgénicos que "el uso desde que se permitió el cultivo de maíz modificado en 1998 ha permitido dejar de importar 853.000 toneladas de maíz en 15 años". Para afirmar esto se basan en un estudio de Laura Riesgo (doctora en Economía por la Universidad de Oviedo) que estima el ahorro económico en "156 millones de euros".
Riesgo asegura que el maíz transgénico aporta un beneficio económico a los agricultores porque, afirma, "la mayor resistencia a las plagas produce un menor uso de insecticidas, lo que permite reducir costes. Y como no existen diferencias de precios en el maíz en grano se explica la mayor rentabilidad". Antama cuenta entre sus "amigos institucionales" con la Asociación Europea de Bioindustrias; Asociación Española de Bioempresas o la Federación Española de Biotecnólogos.
Un producto más caro
¿Es más barata la semilla transgénica? No, es más cara. Después de los millones de dólares empleados en las patentes (norteamericanas), la mayoría de los trasgénicos han conseguido variedades más resistentes a herbicidas "lo que se traduce en un aumento desmedido en el uso de agrotóxicos", concluye un reciente estudio sobre transgénicos realizado por Amigos de la Tierra. "El negocio de los transgénicos es el negocio de la gran cantidad", analiza Ruibal. "España no puede competir con las extensiones y producción de EEUU o Brasil donde se planta muchísima soja y mucha se dedica para forraje de ganado".
El profesor José Ignacio Cubero –que fue Premio Nacional de Genética en 2012– defiende que "los transgénicos tienen un consenso científico internacional". Este profesor emérito de la Universidad de Córdoba cuenta a eldiario.es que "el maíz modificado en España sigue siendo efectivo y sin riegos. La única alternativa sería el uso de potentísimos insecticidas o la desaparición de este cultivo".
Según el genetista, "el problema es ideológico y no científico, si se separaran los discursos de las imposiciones de las multinacionales y de lo técnico se podría llegar a consensos". De hecho, el profesor Cubero asegura que "el dominio de las grandes empresas sobre los transgénicos podría solventarse si se pusiera en manos de organismos oficiales como ya ocurre en Brasil y en India". Con todo, resume, "no hay que caer en demagogias y decir que los transgénicos solventarán el hambre en el mundo, pero sí problemas muy concretos como el que se llevó el cultivo del algodón en Andalucía con el gusano rosado".
"El dominio de las grandes empresas sobre los transgénicos podría solventarse si se pusieran en manos de organismos oficiales como ya ocurre en Brasil y en India"
En ese sentido Daniel Ramón Vidal –que fue profesor de Investigación en el Consejo Superior de Investigaciones Científicas y actual consejero delegado deBiopolis S.L.– cree que "en la Unión Europea su comercialización está bajo sospecha por cuestiones que tienen que ver más con un debate ideológico que un debate científico. En los alimentos transgénicos comercializados se han llevado a cabo los controles sin que el hecho de ser transgénicos representen un riesgo mayor para el consumidor superior al del alimento convencional".
La Unión Europea está estudiando la autorización de una variedad modificada de maíz resistente a herbicidas conocida como 1507, que pertenece a la empresa Pioneer Hi-Breed. Hasta ahora, el transgénico MON 810 estaba supuestamente diseñado para aguantar la plaga del taladro, "que era endémico y muy fuerte en Aragón y Cataluña", dice el profesor Cubero.
Sin embargo, hace poco más de un mes se supo que este insecto está desarrollando resistencia a las toxinas introducidas en el genoma de la planta. Un estudio del norteamericano Aaron Grassman revela que el transgénico comienza a perder esta batalla tecnológica. "En Aragón, el taladro ha terminado por darse un festín de maíz", comenta Blanca Ruibal. La cuestión es que el monocultivo de amplias extensiones favorece la aparición de plagas.
Amigos de la Tierra ha contabilizado que en el mercado de estas semillas el "90% de los cultivos transgénicos se encuentran en sólo seis países: Estados Unidos, Argentina, Brasil, India, Canadá y China, y son producidos solamente por el 1% de los agricultores del mundo".
Fuente: Raúl Rejón, eldiario.es
miércoles, 6 de abril de 2016
Ruralizando a cidade
Van aló cinco anos des que o New York Times
publicaba un artigo no que contaba que en Ohio un tal Eddie Miller,
rapaz de 23 anos, gañaba a vida cunhas ovellas de seu, alugándoas aos
propietarios das zonas urbanas con céspede. Un dólar, un día, unha
ovella. Era un xogo deses de “todos gañan”: o pastor , os residentes e o
medio ambiente. No artigo, falando das súas ovellas, un Miller
orgulloso e agudo dicía: elas ruralizan a cidade.
Aquel artigo falaba tamén de Jason Stroud, de Brooklyn, que ensinaba
aos veciños a criar galiñas nos patios traseiros dos edificios.
Daniel López Muñoz
Fonte: https://irimegos.wordpress.com/2016/03/20/moitas-veces-mudar-non-e-mellorar/

En 2013 era a cidade de París, a que se apuntaba ás ovellas con pastor para manter os parques urbanos. E en 2015, Donosti.
Coa
palurdez habitual descubre a nosa “prensa regional” o xenial invento da
Deputación de Pontevedra de importar de Noian –Navarra- a idea dos compogaliñeiros: gardas
nun caldeiro as lavaduras ou eslavas –segundo a zona de Galicia-, agora
chamados “residuos orgánicos”- , lévanse ao galiñeiro e volves para
casa con media ducia de ovos. De novo, ruralizando a cidade, todos
gañan: o concello, que xestiona o lixo orgánico e composta, os veciños, o
medio ambiente e os xardíns ben estercados.
E
realidade o rural galego é unha mina en canto a ideas inspiradoras
destas de “todos gañan”. Ademais do céspede e do lixo, están as hortas
familiares –que reciclan todo, melloran o chan, producen saúde e
calidade-; a xestión do toxo e xesta, no monte veciñal –co que se estran
e hixienizan cortes e cortellos, xeran fertilizante da mellor calidade,
limpan e evitan incendios, melloran a paisaxe e a bonitura. E así
moitos máis exemplos.
Pero aínda
me acordo ben cando empezaron as restricións urbanas aos tendedeiros
para enxugar a roupa ao sol –ecoloxicamente- ou aquel delirio palurdo do
vazquismo de perseguir os restos rurais que no territorio municipal
quedaban en forma de poleiros e gando menor nas poucas casas dignas de
tal nome.
O acoso e
derribo do noso rural polo fetichismo modernista ten moitas caras e un
alto prezo. Benia as ideas que tratan agora de recuperar as súas
solucións virtuosas! Pero máis nos valería unha estratexia de país para
conservar o moito desa marabilla que aínda nos queda: iso si, cercado,
desatendido, desmoralizado e, mesmo, culpabilizado.
Urbanizar o
rural é a mirada simple. Ruralizar a urbe é a estratexia innovadora. O
futuro, como sempre, está no equilibrio nese dobre movemento.
Daniel López Muñoz
Fonte: https://irimegos.wordpress.com/2016/03/20/moitas-veces-mudar-non-e-mellorar/
martes, 5 de abril de 2016
viernes, 1 de abril de 2016
Encontro por un mundo rural vivo e con futuro
O próximo 7 de mayo terá lugar en Viladevós un encontro rural por o que convidamos a todos/as os/as habitantes do rural galego a que se animen a reflexionar e celebrar o orgullo de ser de aldea.
Queremos seguir unindo esforzos contra a insignificación do mundo rural. Non queremos que os de fora falen ou decidan por nós. Vivir aquí é o nos une e o que nos da perspectiva, unha aposta convenvida que nos anima á vida e o futuro nas aldeas.
O programa é o seguinte:
10:00 Recepción nas instalacións do CDR Portas Abertas en Viladevós
10:15-10:30 Presentación do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e da súa actividade.
10:30-12:00 Asamblea de Vivimos no Rural. Respaso do feito dende o encontro de maio 2015 e propostas de futuro.
12:00-12:20 Pausa café
12:20-13:00 Coñecemos a experiencia de Biocoop (Cooperativa Ourensa de carne ecolóxica) através do seu xerente Xosé Luís Vaz.
13:20-14:00 Coñecemos a experiencia de Souto da Trave e visitamos as súas instalacións na aldea de A trave (Vilardevós)
15:00 Comida compartida entre todos e celebración
Lugar: Centro de Interpretación do Contrabando. Rúa Xacinto Santiago 23, 32616 Vilardevós (Ourense).
Matrícula: 5€
Inscricións:
vivimosnorural@gmail.com
CDR Portas Abertas, Rúa Xacinto Santiago, 23, Vilardevós (Ourense)
Teléf: 988417232- 988989508- 640687331
Queremos seguir unindo esforzos contra a insignificación do mundo rural. Non queremos que os de fora falen ou decidan por nós. Vivir aquí é o nos une e o que nos da perspectiva, unha aposta convenvida que nos anima á vida e o futuro nas aldeas.
O programa é o seguinte:
10:00 Recepción nas instalacións do CDR Portas Abertas en Viladevós
10:15-10:30 Presentación do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e da súa actividade.
10:30-12:00 Asamblea de Vivimos no Rural. Respaso do feito dende o encontro de maio 2015 e propostas de futuro.
12:00-12:20 Pausa café
12:20-13:00 Coñecemos a experiencia de Biocoop (Cooperativa Ourensa de carne ecolóxica) através do seu xerente Xosé Luís Vaz.
13:20-14:00 Coñecemos a experiencia de Souto da Trave e visitamos as súas instalacións na aldea de A trave (Vilardevós)
15:00 Comida compartida entre todos e celebración
Lugar: Centro de Interpretación do Contrabando. Rúa Xacinto Santiago 23, 32616 Vilardevós (Ourense).
Matrícula: 5€
Inscricións:
vivimosnorural@gmail.com
CDR Portas Abertas, Rúa Xacinto Santiago, 23, Vilardevós (Ourense)
Teléf: 988417232- 988989508- 640687331
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




