Verbas en perigro extinción

viernes, 10 de marzo de 2017

ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO





Os ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO son unha iniciativa singular de Nova Escola Galega que comeza en 2006, ano a partir do cal se teñen desenvolvido nove edicións, que retoman a xeira doutros catro Encontros realizados nos últimos anos oitenta. Estes foros interdisciplinares pretenden achegarlle ao profesorado, á comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto reflexións sobre a historia, a actualidade e o futuro do medio rural galego, con especial atención ó papel que neste medio desenvolven a cultura e a educación, ben desde a propia institución escolar ou ben desde outras iniciativas de carácter socioeducativo e/ou cominitario promovidas por entidades diversas e asociacións do eido cultural. Desde os seus principios esta actividade procurou sevir de espazo de encontro e confluencia de diferentes profesionais e colectivos galegos (sobre todo locais) e de fóra de Galiza, para dar a coñecer e impulsar accións a prol dun futuro sustentable para o medio rural, horizonte no que o papel da cultura e da educación adquire unha importancia estratéxica, tal e como afirman distintos organismos internacionais.

Os obxectivos de estes encontros son:
-Constituírse como punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas polo presente e polo futuro do medio rural galego e da súa educación.
-Ofrecer alternativas de creación cultural, desenvolvemento comunitario, didáctica escolar e planificación educativa, centradas en el medio rural.
-Presentar o proxecto de desenvolvemento rural de Aldea Nova como referente sociocomunitario e socioeducativo dentro das zonas galegas próximas á unha cidade.
-Configurar un grupo de acción, que coordine e integre iniciativas xa impulsadas por outros colectivos, que se mobilice e demande da administración autonómica unha mellor atención e coidado da educación na zona rural.
-Análise da situación da escola no medio rural e procura de alternativas encamiñadas á elaboración dun plan específico de educación no rural.
-Poñer en valor o potencial da pedagoxía Freinet na procura doustros modelos educativos, adaptado a contextos rurais.

O novo encontro será os días 1 e 2 de abril en Aldea Nova, Sedes (Narón) "NA PROCURA DUN PLAN DE EDUCACIÓN ESPECÍFICO PARA O RURAL"

jueves, 2 de marzo de 2017

ANALOXÍAS CO RURAL GALEGO


Entrevista a unha galega cooperante na Guatemala rural que por analoxía trata temas moi relevantes na Galicia rural de hoxe, como o dereito ó hábitat, ó patrimonio arquitectónico, ós servizos...