Verbas en perigro extinción

Verbas en perigro de extinción

En este espazo achegaremos todas aquelas verbas que consideremos que se atopan en perigro de extinción e que forman parte do patrimonio inmaterial dos/as galegos/as. Condeiramos que están palabras están en perigo de extinción ou ben por que deixan de empregarse os aparellos ós que fan referencia ou desaparece as realidades que nomean, ou pola desaparición das personas que facían uso delas.

Empezamos coa palabra TRAFUGUEIRO (aparello que se pon nas chimeneas para colocar a leña).

Outras dúas palabras: POLDRAS (pedras postas nun río ou regato para poder cruzar)  E CEMBA (parede de pedra ou terra).

Máis palabras, DEXOSO: sucio, lixado.

Tamén cando algo non está limpo nalgúns lugares, como por exemplo en Vilardevós (Ourense) emprégase LUXO.

Outras verbas en peligro de extinción: COUCHE (talón).
ENTESOADO: tieso.
CHUPÓN: Chimenea.
AGUILLADA: Vara cun pico na punta.
FUNIL: embudo.
TRAPALLEIRO/A: dise do que fai trapalladas, do que fai as cousas mal.
ESCORREITO/A: Dise do que esta san do que ten bo aspecto.
DESCORZOADO: Desganado/a, desilusionado/a.
COROZO: parte da espiga do millo na que están suxeitos os grans, endospermo.
EIVADO/A: Impedido/a.
CARAPOLA:  costra dunha ferida.
TOUZÓ, TIRIZOLLO: Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras.
ARROUSO: lugar onde dan a volta os coches nas aldeas.

ROUSAR:  dar a volta.
EIRÓ: Praza
ESPETO/A:  Aparello de ferro que serve para asar a carne o lume cravada nel.
CHUMBADOIRO: Bisagra duna porta.
TRANCA: Aparello de madeira co que se traban as portas pola parte de dentro das casas, bodegas,..
ZAPÓN: burato feito no chan das casas para varrer para a corte.
GATEIRA: buraco feito nunha porta pola que saian os animais pequenos.
POLEIRO: Parte do galiñeiro onde dormen as pitas.
TOURAL: Lugar onde se facia a feira dos animais.
CODESOS: Prantas que se empregaban para facer vasoiras.
CANDIOTO: Xeo que pendura dos tellados en forma de cono invertido.

3 comentarios: