Verbas en perigro extinción

lunes, 18 de diciembre de 2017

O Forno das Candeas


                                                          Sabela empaquetando bolachas

 “O Forno das Candeas”

   Proxecto situado no lugar A Tabeira, na parroquia de Golmar pertencente ao concello de Laracha, na provincia da Coruña onde Sabela e Luis formaron una empresa C.B. chamada “O Forno das Candeas”.
   Os seus inicios veñen de cando decidiron asentala sua vida no Courel, onde estiveron sete anos, traballaban un souto e reconstruiron un sequeiro para basear a súa producción en productos derivados da castaña: fariña, pan, bolachas e magdalenas, ademáis da comercialización do propio froito, alí o seu proxecto coñecíase co nome de “O Sequeiro da Portela”.
   Fai dous anos decidiron cambiar de lugar e foi cando se asentaron nun lugar do concello de Laracha donde ampliaron os seus productos e agora mesmo a través do Forno das Candeas comercializan pan de diferentes fariñas: trigo, centeo, millo e a sua especialidade o de castaña e continuaron coa sua producción de bolachas.
   Pertencen á Asociación Labrega Natura que está formada por socios e socias a título persoal, empresas e cooperativas que viven e desenrolan os seus proxectos na contorna de Bergantiños.
Lles preguntamos a Sabela e Luis polos seus momentos no camiño que levan percorrido,
¿Podedes resumirnos cales son os elementos facilitadores e os elementos que dificultaron o voso camiño?
Sabela: vou a nomear dous aspectos que para min entorpecen ou dificultan o noso camiño:
-          Os precios dignos e xustos dos nosos productos, xa que no sector alimentación nos teñen habituados a una tirada polo baixo do precio dos alimentos.
-          A ignorancia nosa de non ser continuadores das tradicións rurais e eso provoca que aparezan dificultades na xestión do territorio. Cando cheguei ao Courel tiven que adicar mais de tres anos en estar en convivencia continua cos e coas veciñas aprendendo, o Courel foi para min una segunda universidade.
Luis: para min o que se me ven á cabeza neste momento é a incapacidade para crear comunidade cercana, persoas coma nos, con nenos e nenas, compartir o proxecto,… cercanos en distancia xa que na montaña ese é un gran problema. En Laracha isto conseguímolo.
En canto os aspectos facilitadores do camiño Sabela o resume nunha frase “todo o aprendido”
Luis: Sempre saindo de nos un respeto total polo que alí xa había a hospitalidade da xente da montaña, nos fixeron sentir arroupados e apoiados.
Sabela e Luis desde a vosa experiencia ¿qué camiño ten que seguir o rural para que viva?
Sabela: Para min está claro, que as persoas nos xuntemos, nos organizemos, a volta aos traballos comunitarios, fai pouco leín una frase que resume isto”Sos, imos mais rápido pero xuntos e xuntas chegaremos mais lonxe”. Outro factor moi importante para que as aldeas sigan vivas e saber que dependemos das ciudades e das vilas, xa que é donde están os e as consumidoras aos e as que hai que concienciar do que consumen, que sexan persoas activas no consumo e que saiban apoiar aos e as productores e productoras.
Luis: Eu faría una diferencia entre a montaña e o resto do rural, así que para que a montaña siga viva e que sexa mais fácil xenerar novos asentamientos terían que existir unas axudas brutales para os/as habitantes da montaña, por exemplo, beneficios fiscais, facilidade de servicios,… E para o rural en xeral, comparto con Sabela a necesidade de xuntarnos e que dalgún xeito a administración ten que darse conta de que ter xente vivindo fora das cidades costa menos cartos xa que isto implica que os camiños están limpos, as terras cultivadas o que provoca una loita natural contra os incendios,…Teñen que darlle a volta, a xente no rural coida un territorio distribuindo o esforzó para tal fin. E por suposto invertir moito en educación alimentaria a cal repercutiría directamente na saude das persoas o cal nos levaría a reducir o gasto público en sanidade.
Para contactar co Forno das Candeas:
-          Páxina web: www.candeas.com
-          E-mail: fornodascandeas@gmail.com
-          Facebook: fornodascandeas

 
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario